Monday 29 de April de 2024

O II Torneo Solidario Futsal organizado polo PP de Culleredo consegue recoller máis de 200 Kg de alimentos en colaboración con Cáritas


 Os populares destacan a gran acollida do torneo e aseguran que haberá unha terceira edición o ano que vén.

O pasado domingo día 7 o PP de Culleredo celebrou un torneo solidario de fútbol sala categoría benjamín coa participación de 6 equipos cuxa finalidade era a recollida de alimentos para Cáritas.

Os populares declaran a súa satisfacción e gratitude por “a resposta dos rapaces, as súas familias, os afeccionados e todos cantos colaboraron na celebración dunha xornada deportiva con fins solidarios nun ambiente inmellorable, e que supuxo a recollida de máis de 200kg de alimentos non perecedoiros que virán de marabilla a quen máis o necesitan nun mes de xaneiro sempre complicado para as familias”, afirma Izaskun García, portavoz municipal popular.

“Isto anímanos a seguir celebrando máis edicións, a seguir colaborando con Cáritas que realizan un labor impagable, e agradecer especialmente aos xogadores, adestradores e ás familias dos seis equipos participantes, a súa colaboración desinteresada. E o noso parabén ao Troula A, gañador do torneo e ao máis que digno finalista, Hércules F.S., que nos brindaron unha final moi emocionante e de gran nivel”.